Curso AFD de representación de proxectos de edificación para persoas desempregadas

UVigo - Emprego 23/12/2021

A Asociación de Construtores de Ourense (ACO) ten aberto o prazo de inscrición do Curso AFD de representación de proxectos de edificación dirixida a persoas desempregas.

O curso é gratuíto e ten unha duración de 678 horas. Realizarase en horario de 9.00 a 14.00 horas, nas instalacións de ACO en Ourense, e con prácticas en empresas.

Os destinatarias/as desta formación son persoas traballadoras desempregadas e persoas traballadoras ocupadas, sempre e cando as prazas non se cubran con persoas traballadoras desempregadas.

O obxectivo do curso é realizar representación de proxectos de edificación (planos para proxectos básicos e de execución, fotocomposicións e maquetas), elaborar propostas para completar o deseño de proxectos de edificación, supervisar o arquivo e a reprodución dos documentos, e asistir na execución da obra, seguindo as instrucións recibidas pola persoa superior ou responsable.

Programa do curso:

  • Representacións de construción (190 horas)
  • Proxectos de edificación (200 horas)
  • Instalación de edificios (90 horas)
  • Prácticas profesionais non laborais (120 horas)

Veranse os programas Revit, Projet e Presto.

Se che interesa este curso, podes porte en contacto con ACO a través dos teléfonos 988 366 240 ou 601 64 11 25.