Lectorados de lingua, literatura e cultura galegas

UVigo - Emprego 03/11/2020


A Consellería de Cultura, Educación e Universidade convoca 8 bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas nos centros de estudos galegos tanto nacionais coma internacionais. 

  • Catro destinos en España: Barcelona, Estremadura, Granada e Madrid.
  • Catro destinos no estranxeiro: Padua (Italia), Lisboa (Portugal) e Río de Xaneiro e Sâo Paulo (Brasil).

Características e condicións das bolsas

  • O programa de formación das persoas seleccionadas terá unha duración máxima de 3 anos
  • A contía das bolsas será de 1123,96 €, para os lectorados localizados nas universidades españolas e de 1277,12 € para os lectorados localizados en universidades estranxeiras
  • Non superar os 35 anos de idade na data de remate do prazo da presentación de solicitudes

Requisitos

Poderá solicitar todas as prazas ofertadas quen estea en posesión dalgunha das seguintes titulacións:

  • Licenciatura en Filoloxía Galega
  • Licenciatura en Filoloxía Románica, sempre que a primeira ou segunda lingua románica elixida fose o galego
  • Grao en Lingua e Literatura Galegas
  • Grao en Estudos de Galego e Español
  • Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
  • Licenciatura en Tradución e Interpretación, sempre que, como mínimo, acredite 27 créditos en materias de galego e 21 créditos en materias da lingua oficial do país no que se localice o lectorado solicitado ou, no canto destes, 21 créditos en materias de inglés.
  • Grao en Tradución e Interpretación, sempre que, como mínimo, acredite 30 créditos en materias de galego e 21 créditos en materias da lingua oficial do país no que se localice o lectorado solicitado ou, no canto destes, 21 créditos en materias de inglés.

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 2 de decembro de 2020.
As solicitudes poden tramitarse na sede electrónica da Xunta de Galicia co procedemento: PL500E
Máis información aquí.