Listaxes de interinidades e de substitucións dos corpos docentes da Xunta de Galicia

UVigo - Emprego 23/10/2020

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade abriu un prazo para a presentación de solicitudes de inclusión nas listaxes de interinidades e de substitucións dos corpos docentes nun total de 7 especialidades.

No corpo de mestres e mestras, as persoas candidatas poderán anotarse na especialidade de lingua estranxeira francés, mentres que na de profesorado de ensino secundario ábrense as listaxes de lingua castelá e literatura, francés, sistemas electrónicos e sistemas electrotécnicos e automáticos. No caso do corpo do profesorado técnico de formación profesional abriranse as listaxes para as especialidades de equipos electrónicos e de instalacións electrotécnicas.

Terán prioridade á hora da contratación as persoas que conten co Mestrado de profesorado ou equivalente e poderase dar a exención temporal do requisito do Mestrado de profesorado ou equivalente cando non sexa posible nomear candidaturas que estean en posesión desta formación pedagóxica. Esta medida aplícase só ao actual contexto da covid.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/portada co código de procedemento ED003A.

Información e solicitudes

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 28 de outubro de 2020. 

Máis información aquí.