Oferta de emprego de CITMAga como investigador/a colaborador/a

Solicitudes ata o 21 de maio

UVigo - Emprego 16/05/2023

Referencia

CITMAga-OT-05/2023.

Funcións

Tarefas de investigación para o desenvolvemento dun “Sistema experto de previsión de demanda e xestión de stocks”.Farase un estudo previo dos datos históricos co obxectivo de obter a distribución temporal das compras e vendas de cada un dos artigos ao longo do tempo. Con esta información desenvolverase un modelo preditivo que permita facer unha xestión dinámica do stock establecendo os valores mínimos e máximos de cada produto que se irán actualizando ao longo do tempo.

Doutra banda, dado o gran número de artigos cos que se traballará, será de gran importancia que a metodoloxía proposta sexa eficiente desde un punto de vista computacional, de forma que as solucións propostas poidan obterse nun período de tempo razoablemente curto.


Valoración de méritos e requisitos

  • Expediente académico do grao/licenciatura e/ou mestrado. Valorarase grao ou licenciatura en Matemáticas e no Mestrado en técnicas estatísticas.
  • Experiencia previa en análise de datos e modelos preditivos.
  • Coñecementos avanzados e experiencia previa no uso de linguaxes de programación.
  • Coñecementos e experiencia previa en técnicas de machine learning e predición relacionada coa temática do proxecto. Valorarase experiencia con software R.
  • Coñecementos e experiencia previa en metodoloxía e aplicacións para a análise de aplicacións reais abordadas desde o enfoque da avaliación da predición da demanda.

Características do posto

  • Retribución bruta mensual: 1670,89 € en 14 pagas. 
  • Data de inicio prevista: incorporación inmediata.
  • Tipo de contrato: contrato por circunstancias da produción.
  • Categoría Laboral: investigador/a colaborador/a. 
  • Duración prevista: 4 meses.
  • Xornada laboral: a tempo completo (35 horas semanais).
  • Lugar de traballo: Santiago de Compostela.

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes ata o 21 de maio de 2023.

Máis información aquí.