Oferta de emprego de CITMaga como investigador/a colaborador/a dentro do programa de investigación "Análise matemática de datos"
Denominación do proxecto
1 contrato como investigador/a colaborador/a no CITMAga, no marco do programa de investigación “Análise matemática de datos” e na liña de investigación “Tecnoloxía matemática para a análise de datos”.
Referencia
CITMAga-OT-19/2022
Descrición do posto
Un contrato como investigador/a colaborador/a.
Funcións
Planificación e deseño de experimentos, depuración de datos, análise estatística dos mesmos e realización de informes.
Perfís requeridos
Grao, licenciatura, enxeñaría ou mestrado.
Valoración de requisitos e méritos
- Valorarase grao ou licenciatura en matemáticas e mestrado de especialización con contidos en estatística.
- Coñecementos de inglés.
- Experiencia específica en análise de datos e en programación en linguaxes de cálculo científico (Python, R, Latex, C++ etc.).
- Experiencia específica en proxectos de tratamento de datos de estudos de intercomparación de laboratorios.
- Coñecemento das regulacións de saúde e seguridade de produto no sector téxtil
Características do posto
- Retribución bruta mensual: 1.606,52 € en 14 pagas. Esta praza levará un complemento de proxecto a unha actividade a realizar dentro da liña de investigación, durante a duración concreta da mesma, e en función da porcentaxe de dedicación da xornada laboral de ata
- 295,42 € mensuais.
- Tipo de contrato: contrato de actividades científico-técnicas indefinido.
- Categoría Laboral: investigador/a colaborador/a
- Xornada laboral: a tempo completo (35.0 horas semanais).
Información e solicitudes
Prazo de solicitudes aberto ata o 30 de xuño de 2022.
Máis información na seguinte ligazón.