Oferta de emprego de CITMAga como investigador/a para un proxecto de investigación

UVigo - Emprego 04/02/2022

Proxecto

Sistema experto de mellora de solucións e optimización de procesos de produción biosostibles.

Referencia da oferta

CITMAga-OT-03/2022.

Descrición do posto

1 contrato como investigador/a para o proxecto de investigación no marco do contrato entre CITMAga (Consorcio Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia), e unha empresa do sector da enerxía.

Perfís das candidaturas

Licenciatura, enxeñaría, grao, ou mestrado relacionados coas matemáticas, a informática, a enxeñería e a física.

Valoración de requisitos e méritos

  • Coñecemento e experiencia previa no modelado de problemas de optimización matemática, así coma na implementación e validación en ordenador de algoritmos e métodos propios desta disciplina.
  • Coñecemento e experiencia previa en linguaxes de programación (Python).
  • Coñecementos de inglés
  • Experiencia en programación/optimización matemática.
  • Experiencia en programación/optimización estocástica.
  • Experiencia en implementación e validación de algoritmos de optimización matemática.
  • Experiencia no uso da linguaxe de programación Python. Tamén se valorará a experiencia en linguaxes similares como R, Julia, …
  • Experiencia no desenvolvemento de software científico. Desenvolvemento de código, documentación e soporte.
  • Experiencia na modelización de problemas de optimización matemática e, en particular, en linguaxes de modelización (AMPL, Pyomo).
  • Coñecemento e experiencia previa en modelos de predición estatística.

Características

  • Retribución bruta mensual: 1.862,62 € en 12 pagas.
  • Data de inicio prevista: febreiro de 2022. 
  • Duración estimada do contrato: 6 meses dende o inicio da contratación.
  • Xornada laboral: a xornada completa.
  • Localidade de traballo: Santiago de Compostela.

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 14 de febreiro de 2022.



Máis información aquí.