Oferta de emprego de CITMAga no programa de investigación “Análise matemática de datos”

UVigo - Emprego 05/09/2022

Referencia da oferta

CITMAga-OT-22/2022

Descrición do posto

Un contrato como investigador/a colaborador/a.

Funcións

Planificación de e deseño de experimentos, depuración de datos, análise estatística dos mesmos e realización de informes. Aplicación e deseño de métodos de aprendizaxe estatístico para o estudio de datos xenotípicos e fenotípicos e a relación entre ambos.

Perfís das candidaturas

Licenciados/as, enxeñeiros/as, graduados/as ou equivalentes.

Méritos e requisitos para valorar

  • Valorarase grao ou licenciatura en matemáticas e mestrado de especialización con contidos en estatística.
  • Coñecementos de inglés.
  • Coñecementos e experiencia adicional e específica a valorar.
  • Experiencia específica en análise de datos e en programación en linguaxes de cálculo científico (Python, R, Latex, C++, etc.).  
  • Experiencia específica en análise de datos  de orixe biolóxica ou química ou ben datos relacionados coa sustentabilidade no sector industrial (especialmente no téxtil).
  • Coñecementos de xenética e/ou xenómica.
  • Entrevista persoal.

Características da oferta

  • Retribución bruta mensual: 1606,52 € en 14 pagas. 
  • Data inicio prevista: a partir do dia seguinte á data da resolución da selección.
  • Tipo de contrato: contrato de actividades científico-técnicas indefinido. 
  • Categoría Laboral: investigador/a colaborador/a
  • Xornada laboral: a tempo completo (35 horas semanais).
  • Lugar de traballo: Santiago de Compostela.

Información e solicitudes 

Ata o 11 de setembro de 2022.

Máis información aquí.