Oferta de emprego de CITMAga para un proxecto de optimización matemática
Proxecto
Optimización matemática para o deseño dunha rede que integre tecnoloxías nunha ferramenta dixital.
Referencia da oferta
CITMAga-OT-04/2022
Descrición do posto
Un contrato como investigador ou investigadora para o proxecto de investigación no marco do contrato entre CITMAga (Consorcio Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia), e unha empresa do sector da enerxía do grupo Reganosa (Regasificadora do Noroeste S.A.)
Perfís das candidaturas
Licenciatura, enxeñaría, grao ou mestrado en relación coas matemáticas, a física, a enxeñaría e a informática (ou similares).
Valoración de requisitos e méritos
- Grao de afinidade das titulacións do candidato cos ámbitos da matemática industrial (matemática aplicada, estatística e investigación operativa, informática, ou similar).
- Experiencia no desenvolvemento de software científico, en particular, software de modelización, simulación numérica e optimización. Desenvolvemento de algoritmos matemáticas, implementación e validación no ordenador.
- Coñecementos de inglés.
- Experiencia en programación/optimización matemática.
- Experiencia na modelización de problemas de programación matemática empregando linguaxes de modelado alxébrico como: Pyomo, AMPL y/o GAMS.
- Experiencia no uso de linguaxe de programación Python. Tamén se valorará a experiencia en linguaxes similares de cálculo científico como R, Julia, Fortran, …
- Métodos numéricos para a resolución de ecuacións diferenciais ordinarias e en derivadas parciais.
- Coñecementos de modelización de procesos físicos no ámbito enerxético. En particular, modelización e simulación numérica en mecánica de fluídos.
Caracterísitcas
Retribución bruta mensual: 1.862,62 € en 12 pagas.
Duración: 6 meses dende o inicio da contratación.
Xornada laboral: a xornada completa.
Lugar de traballo: Santiago de Compostela.
Información e solicitudes
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 17 de febreiro de 2022.
Máis información na seguinte ligazón.