Oferta de emprego de ITMATI como investigador/a para o proxecto de investigación “Digital Transmissión System Operator”

UVigo - Emprego 26/05/2021

Proxecto

Digital Transmission System Operator

Referencia da oferta

ITMATI-OT-03/2021

Descrición do posto

Un contrato a xornada completa como investigador/a para un proxecto de investigación no marco do contrato entre ITMATI (Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial) e unha empresa do sector de la enerxía.
 
Perfís das candidaturas 

Grao, licenciatura, enxeñaría, doutoramento ou mestrado relacionados coas matemáticas, a física, a enxeñaría e a informática.


Méritos para valorar

  • Grao de afinidade das titulacións das candidaturas cos ámbitos da investigación operativa, a estatística, a ciencia de datos, a matemática aplicada, a informática e afíns.
  • Coñecemento e experiencia previa en técnicas de programación matemática: en particular, programación lineal e enteira, programación non lineal e programación estocástica.
  • Coñecemento e experiencia previa no uso de técnicas estatística para a predición de series temporais (aprendizaxe supervisado, non supervisado, Deep Learning…).
  • Coñecementos de inglés.
  • Experiencia no desenvolvemento de software científico de simulación e optimización matemática no ámbito industrial. Desenvolvemento de algoritmos matemáticos, implementación do código, documentación, soporte e formación de persoas usuarias.
  • Experiencia na formulación de problemas relacionados co transporte de fluxo en redes e o seu deseño.
  • Experiencia na modelización de problemas de programación matemática empregando linguaxes de modelado alxébrico como: Pyomo, AMPL e/ou GAMS.
  • Utilización de paquetes de estatísticos de Machine Learning en R e Python.
  • Programación en linguaxes de cálculo científico (Python, R, Fortran, C, Julia etc.). 

Características da oferta

  • Retribución bruta mensual: 1584 € - 1801,07 € en 12 pagas, en función dos méritos e experiencia da persoa seleccionada.
  • Data de inicio prevista: incorporación inmediata.
  • Data estimada de fin de contrato: 19 de febreiro de 2022.
  • Xornada a tempo completo
  • Localidade de traballo: Santiago de Compostela

Información e solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 2 de xuño de 2021.

Máis información aquí.