Oferta de emprego de ITMATI OT-16-2020 como persoal investigador para o proxecto SisAl Pilot

UVigo - Emprego 01/12/2020

Referencia da oferta: ITMATI-OT-16-2020.

Descrición do posto

Un contrato como persoal investigador para o proxecto de investigación «Piloto innovador para a produción de silicio con baixo impacto ambiental utilizando materias primas secundarias de aluminio e silicio – SisAl Pilot».

Titulación requirida 

Grao, licenciatura, enxeñaría, mestrado ou doutoramento relacionado coas matemáticas, a física, a enxeñaría ou a informática.

Méritos a valorar

  • Grao de afinidade das titulacións da candidatura cos ámbitos da Matemática Aplicada e Industrial
  • Coñecemento e experiencia previa en modelización, na simulación numérica e optimización e na implementación e validación en ordenador de algoritmos e métodos numéricos
  • Coñecemento e experiencia previa na modelización matemática e na simulación numérica relacionada coa temática do proxecto
  • Coñecementos de inglés
  • Métodos numéricos para a resolución de ecuacións diferenciais ordinarias (EDOs) e en derivadas parciais
  • Coñecemento de modelos matemáticos en electromagnetismo, transferencia de calor, mecánica de fluídos e reaccións químicas
  • Programación en linguaxes de cálculo científico (C, Fortran, Matlab, Python, etc.)
  • Experiencia no uso de software de simulación numérica.
  • Experiencia profesional previa relacionada coa temática do proxecto.

Condicións

  • Retribución bruta mensual: 1850 € en 12 pagas
  • Data prevista de inicio: antes do 4/1/2021
  • Data estimada de fin de obra: 12 meses dende o inicio da contratación, con carácter prorrogable
  • Xornada laboral: a tempo completo
  • Lugar de traballo: Santiago de Compostela

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 11 de decembro de 2020.
Máis información e inscrición aquí.