Prácticas en Vodafone como enxeñeiro/a informático/a en Vigo
Proxecto
Vodafone ofrece unha bolsa de prácticas, dentro do programa START da Fundación Universidade-Empresa.
Perfís das candidaturas
Alumnado de grao ou mestrado relacionados coa enxeñaría en telecomunicación ou en informática.
Valoración de requisitos e méritos
- É necesario nivel B2 de inglés
- Coñecementos avanzados en Microsoft Office
- Coñecementos de programación Java, Angular, vbscript etc.
- Coñecementos en bases de datos
- Coñecementos na ferramenta Jenkins ou similar
Obxectivos da formación
- Adquirir coñecementos relacionados coa realización de tarefas e probas que aseguren a calidade dos proxectos software da compañía.
- Integrarase dentro do equipo de Quality Assurance cos obxectivos de aprender o funcionamento dun equipo adicado á calidade do software e centrarase na avaliación de ferramentas necesarias que permitan mellora o rendemento do equipo, para o que terá varios aprendizaxes:
- Probas manuais en sistemas, o que lle permitirá aprender o funcionamento dos sistemas e coñecer as futuras probas a automatizar.
- Avaliación e probas de concepto de ferramentas de probas. Axudará na avaliación de ferramentas necesarias tanto de automatización como de xestión de probas.
- Automatización de probas. Realizará probas de concepto das ferramentas realizando probas en sistemas reais.
Información e solicitudes
Data prevista de incorporación: maio de 2022.
Retribución bruta mensual: 700 €
Tipo de práctica: Telepráctica semi-presencial
Centro de prácticas: Vigo
Máis información na seguinte ligazón.