Primeira experiencia profesional 2023/2024 para un posto de educación social e outro en dirección e xestión pública no Concello de Caldas de Reis

UVigo - Emprego 14/06/2023

Aprobouse a convocatoria para a contratación laboral temporal mediante un contrato formativo para adquirir practica profesional no posto de graduado/a en Educación Social e/ou de Dirección e Xestión Pública., mediante o procedemento de concurso. 

Requisitos 

  • Posuír unha titulación en Educación Social ou en Dirección e Xestión Pública ou equivalentes.
  • Ter inscrición como demandantes ou en mellora de emprego no Servizo Público de Emprego. 
  • Ter empadroamento nalgún dos concellos da provincia de Pontevedra con anterioridade á data de publicación da propia convocatoria no BOPPO. 
  • Que no momento da contratación non transcorresen máis de tres anos, ou máis de cinco cando o contrato se realice cunha persoa con discapacidade, desde a terminación dos correspondentes estudos. 
  • Que non obtivera experiencia profesional ou realizado actividade formativa na mesma actividade dentro da entidade por un tempo superior a tres meses, sen que se computen a estes efectos os períodos de formación ou prácticas que formen parte do currículo esixido para a obtención da titulación que habilita esta contratación. 
  • Que non estean contratadas ou contratados en prácticas no momento da selección nalgún dos programas que contemplen contratos en prácticas ou formativos da Deputación de Pontevedra.

As bases específicas do procedemento poderán consultarse no taboleiro de anuncios da Casa Consistorial do Concello e no taboleiro de anuncios da páxina WEB oficial do Concello de Caldas de Reis, na súa sede electrónica.

O prazo para a presentación de solicitudes pola sede electrónica do Concello será de tres días hábiles, dende o día 16 ata o día 20 de xuño. 

Se tes interese nesta convocatoria, presta atención a diario no BOPPO aquí.