Programa de talento en auditoría interna do Banco Santander

UVigo - Emprego 24/05/2023

O Banco Santander ten actualmente aberto un programa de talento para iniciar o teu camiño como auditor ou auditora. O programa consta dunha formación de posgrao especializada en auditoría, custeado pola empresa, e de prácticas remuneradas a xornada completa.

O programa permitirache realizar unha inmersión profesional co equipo de auditoría interna e proporcionarache unha visión global de todas as áreas de negocio, que che permitirán xerar decisión estratéxicas. Contribuirás a mitigar os riscos potenciais que afectan factores económicos, operacionais e incluso reputacionais da organización, coa finalidade de protexer a clientela e o banco.

Traballarás por proxectos en diferentes equipos colaborando nas seguintes tarefas: auditoría de rede comercial e cumprimento e de riscos de información financeira e de mercado, tecnolóxicos e de crédito.

Requisitos

  • Estudante de último ano de estudos ou graduado/a en ADE, Económicas, Dereito, Enxeñaría Informática, Enxeñaría en Telecomunicación ou Enxeñaría Industrial.
  • Inglés nivel B2.

Información e inscrición

Máis información e inscrición aquí.