Programa de talento en auditoría interna especialidade en riscos tecnolóxicos do Banco Santander

UVigo - Emprego 26/05/2023

O Banco Santander ten actualmente aberto un programa de talento para iniciar o teu camiño como auditor ou auditora IT. O programa consta dunha formación de posgrao especializada en Auditoría de Riscos Tecnolóxicos, custeado pola empresa, e de prácticas remuneradas a xornada completa.

O programa permitirache realizar unha inmersión profesional co equipo de auditoría interna e onde poderás por en práctica e ampliar os teus coñecementos sobre riscos tecnolóxicos e de ciberseguridade en plataformas bancarias e a analítica de datos en entornas Big Data.

Contribuirás a identificar e mitigar os riscos potenciais que afectan tanto a factores económicos, operacionais ou reputacionais da organización, co fin de protexer a clientela e o banco.

Traballarás por proxectos en diferentes equipos avaliando e analizando os procesos de xestión e control da tecnoloxía e ciberseguridade nas plataformas dixitais da entidade e colaborando en proxectos de riscos financeiros mediante analítica de datos en entorna Big Data do Banco Santander.

Requisitos

  • Estudante de último ano de estudos ou graduado/a en Enxeñaría Informática, Enxeñaría en Telecomunicación,  Enxeñaría Industrial ou Matemáticas.
  • Inglés nivel B2.

Información e inscrición

Máis información e inscrición aquí.