Xornada de portas abertas da Escola Diplomática
A Escola Diplomática organiza unha xornada de portas abertas en liña coa intención de achegar a súa sede, como centro formativo, ao maior número posible de estudantes con interese nas relacións internacionais.
A cita será o 21 de decembro, de 10.15 a 13.30 h, e contará con catro sesións informativas referentes a:
A xornada virtual de portas abertas contará con catro sesións informativas referentes a:
- Mestrado interuniversitario en diplomacia e RR II que se cursa na escola
- Oportunidades de emprego en organismos internacionais
- Oportunidades laborais en institucións da UE
- Información sobre o proceso selectivo para o acceso á carreira diplomática española, así como sobre as particularidades da carreira.
As persoas participantes terán a posibilidade de preguntar en directo para solventar as posibles dúbidas que xurdan.
Compartimos o anuncio realizado pola Escola Diplomática (visualizar aquí) e achegamos tamén o programa e a invitación da xornada.