Bolsas de desprazamento para estudantes que realizan prácticas curriculares

Ata o 13 de abril

UVigo - Bolsas 30/03/2023

A Universidade de Vigo convoca por vez primeira unhas bolsas de mobilidade para prácticas curriculares para compensar o custo económico asociado aos desprazamentos que o estudantado debe realizar desde a localidade do centro de estudos ata as empresas e institucións onde desenvolven as prácticas curriculares.

Requisitos

  • Estar matriculado/a na Universidade de Vigo no curso 2022/2023 en titulacións oficiais de grao ou de mestrado oficial, en centros propios ou en adscritos de titularidade pública que imparten titulacións non impartidas en centros propios.
  • Estar matriculado/a no curso 2022/2023 nalgunha das materias de prácticas curriculares con seis ou máis créditos.
  • Realizar as prácticas de xeito totalmente presencial nun concello distinto ao do domicilio familiar e ao do centro de estudos e que diste máis de 10 km deste último.

O prazo de presentación permancerá aberto ata o 13 de abril de 2023.

convocatoria e solicitudes

 

Novas

 

Máis información:

Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos
Edificio Exeria
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 611
Formulario de contacto