Atención á diversidade durante a emerxencia pola COVID-19
Estudantes con necesidades específicas de apoio educativo (ENEAE)
A Universidade de Vigo celebra a diversidade porque é unha universidade inclusiva. Na nosa institución hai preto de 300 estudantes cunha discapacidade igual ou superior ao 33 % e tamén persoas con dificultades na aprendizaxe.
80 estudantes solicitaron entrar voluntariamente no Programa de integración de universitarios e universitarias con necesidades específicas de apoio educativo (PIUNE), o programa de atención individualizada que temos na nosa institución.
Actuacións realizadas
- Contactamos co PDI responsable da atención á diversidade, que habitualmente son as persoas responsables do PAT.
- Este PDI realizará un seguimento estreito de cada estudante PIUNE.
- Antes do martes 7 de abril enviaralle á Unaten o listado das necesidades ou das dificultades que poden estar tendo os e as ENEAE para progresar nos seus estudos en igualdade de oportunidades. Polo de agora, recibimos incidencias similares ás comunicadas polo resto do estudantando (problemas de acceso a Internet desde o lugar de residencia ou falta de contacto por parte do PDI). Non se detectan incidencias no acceso a Campus Remoto, xa que é unha plataforma sen grandes problemas de accesibilidade ou usabilidade.
- Démoslle instrucións ao Gabinete Psicopedagóxico para contactar con todo o estudantes PIUNE.
- Puxémonos en contacto cos bolseiros e bolseiras as que apoian as persoas PIUNE. Todos e todas seguen realizando o seu apoio de xeito virtual.
Próximas actuacións
- Redacción dun decálogo para este estudantado durante a situación de emerxencia provocada pola COVID 19.
- Xuntanza da COATEN (Comisión Técnica de Apoio ao Alumnado con Diversidade ) cunha persoa representante do estudantado para resolver novas incidencias.
Para máis información, podes contactar coa Unaten:
Campus de Vigo
+34 986 813 626
diversidade@uvigo.es
Campus de Ourense
+34 988 387 089
asc-ou@uvigo.es
Campus de Pontevedra
+34 986 801 949
asc-po@uvigo.es
Atención psicopedagóxica
O Gabinete Psicopedagóxico é un servizo único de asesoramento e orientación ao estudantado no sistema universitario de Galicia. Axuda a resolver dificultades psicolóxicas e/ou pedagóxicas que estean afectando a vida académica. Segue funcionando e está xa en contacto con todo o estudantado PIUNE a través do teléfono, o correo electrónico ou a videoconferencia).
Calquera estudante pode dirixirse ao Gabinete Psicopedagóxico se quere facer consultas puntuais relacionadas cos siguientes aspectos:
- Aprendizaxe de habilidades e técnicas necesarias para mellorar o rendemento académico.
- Prevención e atención ás posibles dificultades emocionais, de conduta e cognitivas do estudantado para mellorar o desenvolvemento académico.
Campus de Vigo e Pontevedra
+34 986 130 199
gabinetevigo@gmail.com
Horario de atención: de 10.00 a 14.00 h
Pedir cita previa por correo electrónico
Campus de Ourense
+34 988 368 913
gpourense@gmail.com
Horario de atención: de 10.00 a 14.00 h e de 16.00 a 18.00 h
Pedir cita previa por correo electrónico
Problemas de convivencia ou conflitos familiares
Para os casos de problemas de convivencia ou conflitos familiares que poidan xurdir, desde a Unidade de Convivencia e Resolución Positiva de Conflitos da Universidade de Vigo (ConviveUVigo) axudamos a todas as persoas da universidade que o soliciten.
Campus de Ourense, Pontevedra e Vigo
convive@uvigo.es
Lembra
- Se es estudante PIUNE, contacta coa persoa responsable do PIUNE no teu centro que habitualmente é a persoa responsable do PAT, Unaten ou Gabinete Psicopedagóxico.
- Se es estudante non PIUNE, contacta coa Unaten ou co Gabinete Psicopedagóxico.
- Se es PDI, contacta coa Unaten ou ConviveUVigo ou co Gabinete Psicopedagóxico se tes estudantes PIUNE.
- Se es PAS, diríxete á Xerencia ou á ConviveUVigo.