Acto institucional do Día das Letras Galegas
Data de celebración:
13 de maio de 2021 ás 12:00Dirixido a
Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Universidade de VigoLugar
Campus As Lagoas, Edificio de Ferro
32004 Ourense
España
Tipo de evento
Acto institucionalEntrada:
De balde. Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialNa aula 1.4 do Edificio de Ferro
Asisten: Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia; Esther de Blas, vicerreitora do Campus de Ourense; Mónica Valderrama, vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais; Xosé Manuel Cid, decano da Facultade de Educación e Traballo Social; José Montero, decano da Facultade de Filoloxía e Tradución, e Fernando Ramallo, director da Área de Normalización Lingüística
O campus de Ourense acolle o xoves 13 de maio o acto principal de celebración do Día das Letras Galegas na Universidade de Vigo, que leva por título Día das Letras Galegas. O Día das Letras con voz de muller: de Rosalía de Castro a Xela Arias. A homenaxe arrancará coa presentación da exposición Xela Arias. A poesía do retrato, que contará coa participación da nai e do marido da escritora. Seguiralle a entrega dos Premios de Poesía, Relato e Tradución da Universidade de Vigo 2021 e unha conferencia da filóloga Chus Nogueira titulada A independencia total e gratuíta. A vida e a obra de Xela Arias. Para rematar, Clara Pino, acompañada de Pablo Vidal, porá música a poemas de Rosalía de Castro e de Xela Arias. O acto pode seguirse on line en directo por UVigo TV no seguinte enlace.
A programación co gallo do Día das Letras Galegas no campus de Ourense continuará o día 21 cunha xornada na que alumnado de Educación e Traballo Social exporá traballos inspirados na obra de Xela Arias; as escritoras Emma Pedreira e María Yáñez ofrecerán cadansúa conferencia e Xosé Constenla presentará o libro-álbum O globo vermello.