Día Mundial da Xustiza Social 2023

UVigo – Responsabilidade social axenda 2030 20/02/2023

Hoxe 20 de febreiro conmemórase o Día Mundial da Xustiza Social baixo o lema “Superar barreiras e desbloquear oportunidades para a xustiza social” co obxectivo de promover e reforzar unha solidariedade entre os países do mundo. 

Segundo UNICEF, a xusticia social toma como fundamento a igualdade de oportunidades e os dereitos humanos, máis alá do concepto tradicional de xustiza legal. Está baseada na equidade e é imprescindible para que cada persoa poida desenvolver o seu máximo potencial e para unha sociedad en paz.

Neste día celebrado desde o ano 2007, a ONU pon o seu énfase na necesidade de que en todos os países do mundo exista a paz plena e a seguridade para toda a cidadanía xa que, son estes son dous dos principios fundamentais para acadar a xustiza social. 

A xustiza social é sinónimo de respectar os dereitos humanos e UNICEF recolle tres aspectos clave:

  • O conflito. “A inxustiza real ou percibida é unha das fontes máis comúns de conflitos e violencia”. 
  • A pobreza. “É a inxustiza máis estendida xa que non permite o acceso a outros dereitos fundamentais”. 
  • A discriminación. “É unha inxustiza que interfire nas posibilidades que teñen os individuos de desenvolver o seu potencial”. 

Actualmente, a loita pola xustiza social está intimamente ligada aos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030. A xustiza social é un concepto transversal que non se pode asociar cun único ODS ,senón que ten que ver con todos eles. Destacamos especialmente a relación co ODS 10 “redución das desigualdades”, o obxectivo principal da xustiza social, e co ODS 16 “paz, xustiza e institucións sólidas”, tres fundamentos imprescindibles para acadar unha sociedade xusta e igualitaria.

Neste día non podemos esquecernos da importante misión das universidades públicas cara á consecución dunha sociedade máis xusta. No eido da docencia e da investigación, as universidades poden contribuír capacitando persoas profesionais implicadas na creación dun coñecemento socialmente responsable, a cultura, a democracia e o progreso inclusivo e sostible. Pero tamén nun sentido máis amplo, as universidades, como entidades inseridas na sociedade, a través da responsabilidade social ,poden contribuír á xustiza social impulsando políticas que contribúan a equidade, ao respecto á diversidade, á igualdade e á loita contra a pobreza co obxectivo de non deixar a ninguén atrás.
 

Área de Equidade e Diversidade
Vicerreitoría de Benestar, Equidade e Diversidade
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 261
vic.benestar@uvigo.gal | direc.equidade@uvigo.gal