Biomedicina no Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur aplicado a STEMBach

O IIS Galicia Sur é un espazo de investigación multidisciplinar en Biomedicina, con sede no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, que aglutina aos grupos de investigación clínicos das Áreas Sanitarias do Sur de Galicia e aos grupos biomédicos da Universidade de Vigo, co obxectivo de promover a investigación traslacional e a innovación, garantindo así a aplicación efectiva dos resultados de investigación en termos de beneficios para a saúde dos cidadáns.
No campo da biomedicina investígase en practicamente todas as liñas de investigación clínicas. O IIS-Galicia Sur ten como principais obxectivos incrementar o interese social pola ciencia e o coñecemento científico; fomentar as vocacións científicas e tecnolóxicas; estimular o espírito crítico entre a cidadanía e facilitar a súa participación activa no proceso de xeración do coñecemento, favorecendo que a sociedade sexa non só destinataria, senón tamén parte dos diferentes procesos de investigación que levan a cabo no sistema de I+D+i. Con este obxectivo iníciase este proxecto cos Institutos de secundaria para que se poida fomentar a ciencia desde o inicio.

Esta é a proposta que vai realizar o alumnado do STEMBach, ofrecerase aos diferentes grupos de investigación a posibilidade de crear liñas de investigación dirixidas ao estudantado de bacharelato para que poida desenvolver capacidades científicas cara á biomedicina.

Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur oferta diversos proxectos de investigación en colaboración con centros de educación secundaria da comunidade autónoma de Galicia, no marco do programa STEMbach.

Coordinador STEMbach no Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur:

Proxectos

Velaquí os proxectos propostos polo Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur organizados por bienio. En cada unha das táboas atoparás o título de cada proxecto coa súa ficha descritiva e, de ser o caso, o centro asignado e a data da súa defensa.