Resolución, do 29 de setembro de 2023, pola que se anuncia o alleamento dunha autocaravana da Universidade de Vigo mediante unha poxa á alza, expediente de contratación P4/23

UVigo – Administración e persoal 17/10/2023

Con data do 22 do setembro de 2023 declarouse a desafectación do ben descrito e ordenouse o seu alleamento mediante unha resolución do órgano de contratación da Universidade de Vigo. Tras o informe da Asesoría Xurídica, ao citado expediente engadíuselle o prego de condicións. Logo, a Vicerreitoría de Investigación elaborou outro informe no que se indica que o vehículo xa non é necesario para os fins que motivaron a súa adquisición e as súas características. Todo isto foi informado, en fase de fiscalización previa, polo Servizo de Control Interno. 

Para cumprir o disposto no artigo 66 do Regulamento para a execución do patrimonio da comunidade autónoma galega (Decreto 50/1989) publícase o presente anuncio.

Identificación do ben

O vehículo obxecto de alleamento é unha autocaravana marca Giottiline, tipo GLF2, variante DAMT 6301 C, con matrícula 3697 HLX.

Sistema de adxudicación e tipo de contrato

Poxa á alza / Patrimonial.

Presentación de solicitudes

A documentación presentarase no rexistro xeral da Universidade de Vigo, de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. Esta dirixirase ao Servizo de Xestión Económica e Contratación. O prazo remata o día 23/11/2023. Ao presentala solicitude entregaráselle un xustificante ao licitador ou licitadora. 

A devandita documentación poderase presentar igualmente en calquera dos lugares establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e dirixirase á Universidade de Vigo, Servizo de Xestión Económica e Contratación. 

O acto público da poxa terá lugar o día 27/11/2023 na sala de xuntas da Xerencia ás 10.00 horas. Edificio Exeria, 2.a andar. As Lagoas, Marcosende. Vigo 36310. 

Tipo de licitación 

Prezo de saída do ben (25 620 euros, IVE excluído). A partir deste efectuaranse as ofertas equivalentes ou á alza e non se admitirán, en consecuencia, ningunha oferta por importe inferior ao tipo de licitación.

Composición da mesa da poxa 

  • Presidente: José Carlos Caamaño Martínez, director da Área de Infraestruturas e Prevención. No caso de vacante, ausencia ou enfermidade deste, o reitor poderao substituír pola persoa que designe. 
  • Vogal: o presidente do Consello Social ou Jesús Graña Nogueiras.
  • Vogal: Cándido Rodríguez Hernández, responsable do parque móbil da Universidade de Vigo. 
  • Vogal: María José Pousa Crespo, xefa do Servizo de Asesoría Xurídica, ou o letrado e letrada desta, Andrés Dapena Paz e Cristina Piñón García. 
  • Vogal: Margarita Cabaleiro Soto, xefa do Servizo de Control Interno, ou a persoa funcionaria María Teresa Reigosa Alonso ou Arturo Losada Rodríguez.
  • Secretario: Jesús Belo Condide, xefe do Servizo de Xestión Económica, ou a persoa funcionaria do servizo Alberto López Abel ou Sergio Amador Pajares Domínguez.

Para constituír a mesa, será suficiente coa asistencia do presidente e do secretario, e de representantes do Servizo de Control Interno e da Asesoría Xurídica.

A composición da mesa determinarase en cada acta das súas sesións na que se traten asuntos relacionados con este expediente. De cada sesión da mesa redactarase unha acta que deberán asinar todos e todas os asistentes.