Administración do campus de Vigo - Ámbito xurídico-social e humanidades

A Administración dos centros ten como misión dar apoio ás actividades inherentes aos mesmos, xestionando de xeito eficaz os recursos humanos e materiais así como os procesos económicos e académicos. Isto ten a finalidade de prestar ás persoas usuarias un servizo eficiente, eficaz e de calidade, de acordo coa lexislación actual, coas directrices sinaladas polos órganos de goberno da universidade e comprometida coa planificación estratéxica da mesma para asegurar un bo servizo á sociedade.

  • Planificar, dirixir, coordinar e impulsar a actividade da unidade e do persoal ao seu cargo, estimulando a participación, o traballo en equipo e a toma de decisións en cada nivel de responsabilidade.
  • Planificar, executar e avaliar actuacións que faciliten o acceso dos usuarios, simplifiquen os procedementos, axilicen os prazos e melloren a calidade do servizo prestado.
  • Elaborar informes, estudos, memorias, estatísticas, propostas de normas xerais e de resolución sobre asuntos da súa competencia, a pedimento da Xerencia ou do equipo de goberno.
  • Propor iniciativas aos superiores, asesoralos técnicamente e executar e realizar o seguimento das súas decisións.
  • Realizar propostas de mellora continua da calidade, executalas e participar na súa avaliación.
  • Deseñar, implantar e avaliar métodos e procedementos na súa unidade.
  • Adoptar medidas para asegurar a atención dos usuarios con eficacia e calidade, facéndoo de xeito directo cando o soliciten.
  • Dirixir e supervisar a xestión económica e orzamentaria do seu ámbito.
  • Supervisar e, no seu caso, promover a motivación, promoción, disciplina, seguridade e clima laboral do persoal da súa unidade; realizar as funcións de dirección, xestión e control do persoal ao seu cargo.
  • Compilar, actualizar, interpretar e comunicar ao persoal da súa unidade as disposicións legais e normas relacionadas coas materias da súa área, preferentemente as que lle remitan as restantes unidades por razón da súa competencia.
  • Compilar información de interese para a unidade e responsabilizarse de que estea actualizada e accesible, especialmente a que sexa pública.
  • Coordinarse e colaborar coas restantes unidades e órganos universitarios, propoñendo e executando accións dirixidas a mellorar de forma conxunta os servizos prestados.
  • Formarse profesionalmente e promover a formación do persoal ao seu cargo.
  • Realizar aqueloutras tarefas afíns ao posto que se lle encomenden ou resulten necesarias por razóns de servizo no eido da súa competencia.

Área académica

Área académica
E.U. de Estudos Empresariais

M.ª Mercedes Cendón Falqué
Xefa de Área
+34 986 813 740
saeuee@uvigo.es

Área de estudos de máster e doutoramento
Jesús Andrés Iglesias
Xefe de Área
+34 986 130 219
posgraosxh4@uvigo.es

Área de estudos de grao
Facultade de CC. Económicas e Empresariais

M.ª Carmen Rodríguez González
Xefa de Área
+34 986 812 405
aracfccee@uvigo.es

Área de estudos de grao
Facultade de CC. Xurídicas e do Traballo

Alba Victoria Moldes Portela
Xefa de Área
+34 986 813 837
graoxuridicas@uvigo.es

Área de estudos de grao
Facultade de Filoloxía e Tradución

Esther Amosa Mendoza
Xefa de Área
+34 986 812 253
secfft@uvigo.es

Área de apoio á investigación e transferencia


Fernando Troncoso Merino
Xefe de Área
+34 986 130 217
uaitaxsh@uvigo.es

Área de apoio á xestión de centros e departamentos


M.ª Ángeles Casal Giráldez
Xefa de Área
+34 986 130 213
udhumanidades@uvigo.es

Área económica


M.ª Asunción Marzán González
Xefa de Área
+34 986 812 545
a.marzan@uvigo.es

 

Centros:

 

Responsable:

Ángel Nieto Rodríguez
Administrador

Correos electrónicos

Teléfonos