Área de Normalización Lingüística

A Área de Normalización Lingüística é a unidade de traballo da Universidade de Vigo encargada de promover e darlle soporte técnico ao proceso de extensión do uso da lingua galega no ámbito docente, investigador, administrativo e de servizos.

Funcións

  • Organizar e impartir cursos de lingua galega para os membros da comunidade universitaria.
  • Informar e asesorar permanentemente a todos os órganos da universidade no referente ao uso do galego.
  • Propoñer as actuacións que considere máis axeitadas para o proceso de normalización da lingua galega na universidade.
  • Corrixir, por instancia do órgano competente, os documentos e escritos oficiais.
  • Canalizar as relacións con entidades extrauniversitarias relacionadas coa lingua galega.

 

Responsable

Benigno Fernández Salgado
Director
 

Persoal do servizo

Ver

Onde estamos?

Edificio Newton
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo

Horario de atención

De 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres


 

Correos electrónicos

Teléfonos