Enquisas de avaliación da satisfacción dos graos e dos mestrados 2022/2023

UVigo - Calidade 02/03/2023

Aínda está aberto o prazo para realizar as enquisas de satisfacción dos graos e dos mestrados do curso 2022/2023.

Poderán participar na enquisa:

  • Estudantes de grao que se matriculen por primeira vez en 3.º curso.
  • Estudantes de PCEO que se matriculen por primeira vez en 4.º curso.
  • Estudantes de mestrado que se matriculen por primeira vez no último curso.

A enquisa atópase na secretaría virtual na aplicación “Enquisa de avaliación da satisfacción das titulacións oficiais”.

Coa túa participación coñeceremos que opinas sobre a titulación e poderemos tentar mellorala.

Lembrámosche que a enquisa é anónima e confidencial.

Animámoste a participar!
 

Máis información:

Área de Calidade
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 818 641
​​​​​​areadecalidade@uvigo.gal