Acto de peche do proxecto LifeDemoWave

  • Entidades Colaboradoras
  • Medios
  • PDI
  • Público externo

Data de celebración:

28 de xuño de 2019 ás 10:15

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Medios , PDI e Público externo

Organiza

Quantum Innovative e Universidade de Vigo

Lugar

Edificio Miralles

Praza Miralles s/n
36310 Vigo
España

Tipo de evento

Charlas e seminarios e Rolda de prensa - Presentación

Entrada:

De balde É necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

Na sala 1 do edificio Miralles

Asisten: Manuel J. Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; Emérito Freire, director do Departamento de Enerxía e Planificación Enerxética do Instituto Enerxético de Galicia, Inega; Alejandro Arias, representante da empresa Quantum Innovative, e Pablo Yáñez, representante do grupo de investigación CIMA da Universidade de Vigo

Acto de peche do proxecto LifeDemoWave, cofinanciado pola Comisión Europea -convocatoria Life 2014- e coordinado pola spin-off da Universidade de Vigo Quantum Innovative, en colaboración coa propia Universidade de Vigo, o Cetmar e as empresas Hécules Control (spin-off da UVigo), ACSM e o Grupo Josmar.

LifeDemoWave arrancou en Vigo en 2015 co obxectivo de demostrar a viabilidade do uso da enerxía das ondas mariñas (undimotriz) para a xeración eléctrica coa finalidade de reducir así as emisións de gases invernadoiro. O acto de presentación, celebrado nesta mesma sala do edificio Miralles en marzo de 2016, estivera pilotado polo profesor José Antonio Vilán, naquel intre comisionado do Vigo Tecnolóxico e coordinador deste traballo, que, entre outros detalles, explicou que a posta en marcha deste proxecto xurdía polo traballo levado a cabo en dous grupos de investigación da Escola de Enxeñería Industrial -CIMA (enxeñaría mecánica) e En.e (enxeñaría eléctrica)- e outro da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación -GPI-RV (procesado de imaxe e realidade virtual)- e polas dúas spin-offs xurdidas ao abeiro destes grupos.

 

Máis información

contacto@life-demowave.eu

Anótao en:

Add to Calendar 2019-06-28 10:15:00 2019-06-28 10:15:00 Acto de peche do proxecto LifeDemoWave Na sala 1 do edificio Miralles Edificio Miralles Quantum Innovative Universidade de Vigo Europe/Madrid public

Documentación

Programa completo2.42 MB