Ciclo de cine 'Expediente Alquimia (II)'
Data de celebración:
14 de xuño ás 19:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Vicerreitoría do campus de PontevedraLugar
Rúa Don Filiberto, 9
36002 Pontevedra
España
Tipo de evento
CineEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialProxección de 'Licorice Pizza'
A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de Licorice Pizza (2021), de Paul Thomas Anderson, na última sesión do ciclo de cinema Expediente Alquimia (II). Promovido pola Vicerreitoría do campus, co patrocinio da Deputación de Pontevedra, e inserido nas actividades da Semana da Creatividade, trátase dun ciclo integrado por dez proxeccións, que propón un achegamento ás múltiples canles polas que a creatividade se fai patente en películas de diferentes xéneros e épocas.