Ciclo Cine e Lingua: 'Benvidos ao sur'

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI

Data de celebración:

7 de maio de 2019 ás 20:00

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Universidade de Vigo

Lugar

Edificio Cambón, sede do Parque Nacional das Illas Atlánticas

rúa Palma, 4
36202 Vigo
España

Tipo de evento

Cine

Entrada:

De balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

No auditorio do edificio Cambón

Benvidos ao sur, remake da comedia francesa Benvidos ao norte e dirixida por Luca Miniero en 2010, está protagonizada por Alberto, un traballador dunha oficina de correos que é sancionado cun traslado a unha pequena vila da Campania, considerada polos italianos do norte a terra da camorra e os lacazáns. Non obstante, o protagonista da película descobre un lugar fascinante, xente hospitalaria e un gran amigo.

A entrada é de balde e unha vez rematada a proxección comezará un coloquio moderado pola docente de italiano do Centro de Linguas da Universidade de Vigo Francesca Carlucci xunto coa psicóloga experta en comunicación, Daniela Sarraino.

O ciclo Cine e Lingua, organizado pola Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria da Universidade de Vigo, acada este ano a súa 10ª edición.

Anótao en:

Add to Calendar 2019-05-07 20:00:00 2019-05-07 20:00:00 Ciclo Cine e Lingua: 'Benvidos ao sur' No auditorio do edificio Cambón Edificio Cambón, sede do Parque Nacional das Illas Atlánticas Universidade de Vigo Europe/Madrid public