Ciclo Cine e Lingua: 'A gran beleza'

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI

Data de celebración:

14 de maio de 2019 ás 20:00

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Universidade de Vigo

Lugar

Edificio Cambón, sede do Parque Nacional das Illas Atlánticas

rúa Palma, 4
36202 Vigo
España

Tipo de evento

Cine

Entrada:

De balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

No auditorio do edificio Cambón

A gran beleza, gañadora do Oscar á mellor película de fala non inglesa en 2013,  amosa a trama de relacións que durante un verán manteñen en Roma nobres decadentes, políticos, criminais, xornalistas, artistas e prelados.  No centro da trama, Paolo Sorrentino sitúa a Jep Gambardella, un escritor de 65 anos, autor dun único libro e xornalista, que desde a indolencia asiste a este desfile de personaxes.

A entrada é de balde e unha vez rematada a proxección comezará un coloquio moderado pola docente de italiano do Centro de Linguas da Universidade de Vigo Francesca Carlucci xunto coa psicóloga experta en comunicación, Daniela Sarraino.

O ciclo Cine e Lingua, organizado pola Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria da Universidade de Vigo, acada este ano a súa 10ª edición.

Anótao en:

Add to Calendar 2019-05-14 20:00:00 2019-05-14 20:00:00 Ciclo Cine e Lingua: 'A gran beleza' No auditorio do edificio Cambón Edificio Cambón, sede do Parque Nacional das Illas Atlánticas Universidade de Vigo Europe/Madrid public

Documentación

Ficha da película967.68 KB Cartaz do Ciclo de Cine e Lingua2.12 MB