Ciclo 'A lingua galega no cinema'. A lingua animada

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

30 de abril ás 19:00

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

UVigo e Deputación de Pontevedra

Lugar

Edificio Cambón, sede do Parque Nacional das Illas Atlánticas

rúa Palma, 4
36202 Vigo
España

Tipo de evento

Cine

Entrada:

De balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

No edificio Cambón

Nova sesión do ciclo A lingua galega no cinema, desta volta dedicada á lingua animada. Proxectarase O soño da Sultana, de Isabel Herguera. The dream of the Sultana é un relato feminista indio escrito en 1905 por Begum Rokeya Hussein. Inés é unha directora de animación española de 30 anos que se atopa en Ahmedabad para romper co seu amante indio. Casualmente, entra nunha libraría onde descobre esta novela na que se narra un país imaxinario gobernado por mulleres. Fascinada pola historia e pola actitude transgresora da autora, Inés decide facer unha película.

Intervén: Chelo Loureiro, produtora.

A entrada é de balde ata completar a capacidade do auditorio.

Anótao en:

Add to Calendar 2024-04-30 19:00:00 2024-04-30 19:00:00 Ciclo 'A lingua galega no cinema'. A lingua animada No edificio Cambón Edificio Cambón, sede do Parque Nacional das Illas Atlánticas UVigo e Deputación de Pontevedra Europe/Madrid public

Documentación

Programa completo do ciclo1.51 MB