Ciclo 'A lingua galega no cinema'. A lingua da historia

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

23 de abril ás 19:00

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

UVigo e Deputación de Pontevedra

Lugar

Edificio Cambón, sede do Parque Nacional das Illas Atlánticas

rúa Palma, 4
36202 Vigo
España

Tipo de evento

Cine

Entrada:

De balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

No edificio Cambón

Terceira sesión do ciclo A lingua galega no cinema, neste caso cunha xornada centrada la lingua da historia. Proxectarase A illa das mentiras, de Paula Cons, que narra como na madrugada do 2 de xaneiro de 1921, o buque Santa Isabel, con destino a Bos Aires e 260 persoas a bordo, afúndese fronte á escarpada e dura costa da illa de Sálvora, en Galicia. Á falta de homes na illa, tres novas insulares, María (Nerea Barros), Josefa (Vitoria Teijeiro) e Cipriana (Ana Oca), deciden ir ao rescate e salvar 48 persoas, un acto heroico que pagarán moi caro. Tras estes feitos, un xornalista arxentino, León (Darío Grandinetti), acode a Sálvora para cubrir a noticia do naufraxio. Son moitas as incógnitas que hai que resolver.

Intervén: Victoria Teijeiro, actriz.

A entrada é de balde ata completar a capacidade do auditorio.

Anótao en:

Add to Calendar 2024-04-23 19:00:00 2024-04-23 19:00:00 Ciclo 'A lingua galega no cinema'. A lingua da historia No edificio Cambón Edificio Cambón, sede do Parque Nacional das Illas Atlánticas UVigo e Deputación de Pontevedra Europe/Madrid public

Documentación

Programa completo do ciclo1.51 MB