Ciclo 'A lingua galega no cinema'. A lingua da literatura

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

9 de abril ás 19:00

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

UVigo e Deputación de Pontevedra

Lugar

Edificio Cambón, sede do Parque Nacional das Illas Atlánticas

rúa Palma, 4
36202 Vigo
España

Tipo de evento

Cine

Entrada:

De balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

No edificio Cambón

Segunda sesión do ciclo A lingua galega no cinema, que comprende un primeiro bloque sobre a lingua da literatura. Nesta segunda xornada proxectarase Pelerinaxes, de Simone Saibene. Na cinta, Luzía (Carmen Méndez) percorre as oito etapas da pelerinaxe que fixeron Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-Cho-Shey a pé dende Ourense cara a Santo André de Teixido en 1927 (relato da viaxe publicado no libro Pelerinaxes I). Fai esta viaxe coa intención de rematar un proxecto audiovisual empezado na universidade sobre o libro de Otero Pedrayo, xunto a outro compañeiro.

Intervén: Simone Saibene, director e produtor

A entrada é de balde ata completar a capacidade do auditorio.

Anótao en:

Add to Calendar 2024-04-09 19:00:00 2024-04-09 19:00:00 Ciclo 'A lingua galega no cinema'. A lingua da literatura No edificio Cambón Edificio Cambón, sede do Parque Nacional das Illas Atlánticas UVigo Deputación de Pontevedra Europe/Madrid public

Documentación

Programa completo do ciclo1.53 MB