Cine Fórum '(In)visibilidade das mulleres STEAM'

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

2 de maio de 2023 ás 18:30

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Escola de Enxeñaría de Minas e da Enerxía

Lugar

Museo Marco

Príncipe 54
36202 Vigo
España

Tipo de evento

Cine

Entrada:

De balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

Organizado pola Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

A Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía organiza por terceiro ano consecutivo un ciclo de cine, aberto ao conxunto da cidadanía, que centra a ollada na presenza de mulleres científicas e tecnólogas na cinematografía. A actividade, patrocinada pola Unidade de Igualdade e dirixida polo experto docente en cine Alfonso Castaño, titúlase (In)visibilidade das mulleres STEAM e inclúe, nesta edición, a proxección de dous filmes e dous documentais.

Nesta terceira sesión proxéctase o documental Rafea: solar mama (Mona Eldaief, Jehane Noujaim, 2012), no que se conta a historia dunha muller beduína, Rafea, e as súas compañeiras, que teñen a oportunidade de ser formadas nun programa do Barefoot College (India) nas ferramentas da enxeñaría que lles permitan levar a luz ás súas aldeas.

Máis información

Noticia no Duvi sobre o ciclo.

Anótao en:

Add to Calendar 2023-05-02 18:30:00 2023-05-02 18:30:00 Cine Fórum '(In)visibilidade das mulleres STEAM' Organizado pola Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía Museo Marco Escola de Enxeñaría de Minas e da Enerxía Europe/Madrid public