Conferencias sobre microalgas
Data de celebración:
6 de xuño de 2018De 12:00 a 13:00
Dirixido a
PDIOrganiza
Facultade de Ciencias e Rede Aqua-CibusLugar
Edificio Politécnico, Campus Universitario As Lagoas s/n
32004 Ourense
España
Tipo de evento
XornadasEntrada:
De balde. Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialSerán no salón de graos do Edificio Politécnico
A Facultade de Ciencias do campus de Ourense, no marco do seu programa de doutoramento e mestrado en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e da rede Aqua-Cibus, acolle dúas conferencias sobre microalgas. A primeira, impartida por Martiña Ferreira, do Departamento de Recursos Mariños e Acuicultura de Anfaco-Cecopesca, leva por título Aspectos tecnolóxicos da produción de microalgas, e a segunda, ofrecida por María José Chapela, do Departamento de Saúde, Nutrición e Farmacoloxía da mesma entidade, versará sobre a obtención de compostos de alto valor a partir de microalgas.