Curso 'Introdución aos sistemas aéreos non tripulados'
Data de celebración:
21 de maio de 2018De 9:00 a 14:00
Dirixido a
Estudantes e MediosOrganiza
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do EspazoLugar
Campus As Lagoas
32004 Ourense
España
Tipo de evento
CursoEntrada:
28,5 euros É necesaria reserva.Modalidade
PresencialA Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo convoca unha nova edición do seu curso de drones
A Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do campus de Ourense ofrece do 21 ao 25 de maio unha nova edición, a segunda, do seu curso Introdución aos sistemas aéreos non tripulados. Cun carácter presencia, con 25 horas de duración e un máximo de 20 participantes, o curso será impartido de novo en horario de mañá na sede da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, no Pavillón Manuel Martínez-Risco, por Higinio González Jorge, profesor contratado doutor da Área de Xeodesia e Teledetección da Universidade de Vigo e piloto certificado de drones dende o ano 2014.