Docs del mes: 'Bobbi Jene'
Data de celebración:
2 de abril de 2019 ás 19:00Dirixido a
Estudantes , PAS e PDIOrganiza
Universidade de VigoLugar
Rúa Oporto, 1
36210 Vigo
España
Tipo de evento
CineEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialNo Auditorio Municipal da rúa Oporto
Dentro do ciclo Docs del mes este martes proxéctase Bobbi Jene, traballo da realizadora Elvira Lind. O título inspírase no nome da protagonista, a bailarina Bobbi Jene, quen tras unha década de éxito e fama en Israel, decide regresar a Estados Unidos a traballar de xeito independente. Na súa segunda película documental, Lind amosa a loita dunha muller por manter a súa independencia, volvendo a un país e a unha familia con fortes conviccións católicas, que deixou atrás hai anos.