Docs do Mes: 'Overseas'

  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo

Data de celebración:

14 de decembro de 2020 ás 18:00

Dirixido a

Estudantes , PAS e PDI

Organiza

Vicerreitoría de Captación de Alumnado e Estudantes e Extensión Universitaria e Cine Club Lumiere

Lugar

Concello de Vigo

Praza do Rei 1
36202 Vigo
España

Tipo de evento

Cine

Entrada:

De balde para a comunidade universitaria Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

No auditorio municipal do Concello de Vigo

No marco do ciclo de cinema documental Docs del Mes, que a Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria promove en Vigo coa colaboración do Concello e o Cineclub Lumière, o Auditorio do Concello acolle a proxección de Overseas, un documental da cineasta coreana Sung-A Yoon centrado na historia das mulleres filipinas que se vén obrigadas a marchar ao estranxeiro a traballar como aias e traballadoras do fogar.

A capacidade da sala, 286 butacas, está reducida por mor da crise sanitaria a 79. As entradas non se reservan, e a cada persoa adxudicaráselle un lugar, sen que este poida ser cambiado, e mantendo sempre as distancias de seguridade.

Anótao en:

Add to Calendar 2020-12-14 18:00:00 2020-12-14 18:00:00 Docs do Mes: 'Overseas' No auditorio municipal do Concello de Vigo Concello de Vigo Vicerreitoría de Captación de Alumnado e Estudantes e Extensión Universitaria e Cine Club Lumiere Europe/Madrid public