Encontro en liña con Miguel Sebastián no ciclo 'Coloquios en tempos de pandemia'

  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI

Data de celebración:

2 de decembro de 2020 ás 12:00

Dirixido a

Estudantes , Medios , PAS e PDI

Organiza

Universidade de Vigo e Fundación Mentor

Lugar

Retransmisión virtual

En liña
36310 Vigo
España

Tipo de evento

Charlas e seminarios

Entrada:

De balde É necesaria reserva.

Modalidade

Semipresencial

Organizado pola FCCEE e a Fundación Mentor

Ministro de Industria, Turismo y Comercio e director da Oficina Económica de Moncloa durante os gobernos de José Luis Rodríguez Zapatero, Miguel Sebastián protagoniza unha nova sesión do ciclo Coloquios en tempos de pandemia, que promoven a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo a Fundación Mentor. Nun encontro dixital, que comezará ás 12.00 horas, Sebastián abordará as leccións económicas aprendidas ata o de agora na pandemia, así como as incertezas que aínda restan por despexar no horizonte económico, tanto no contexto nacional, coma no internacional.

O coloquio poderá seguirse en liña, previa inscrición, ou de xeito presencial no salón de actos da FCCEE, e nel o ex ministro achegará a análise sobre as claves da actual crise, fronte á de 2008 da que foi actor e testemuña en primeira liña desde o executivo español, así como as súas impresións sobre a xestión da actual situación e os desafíos que se cernen sobre o panorama económico.



 

Anótao en:

Add to Calendar 2020-12-02 12:00:00 2020-12-02 12:00:00 Encontro en liña con Miguel Sebastián no ciclo 'Coloquios en tempos de pandemia' Organizado pola FCCEE e a Fundación Mentor Retransmisión virtual Universidade de Vigo e Fundación Mentor Europe/Madrid public