Inauguración do V Congreso Internacional de Mediación Lectora

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

20 de abril de 2023 ás 17:00

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Universidade de Vigo e Concello de Pontevedra

Lugar

Pazo da Cultura de Pontevedra

Rúa de Alexandre Bóveda, s/n
36005 Pontevedra
España

Tipo de evento

Conferencias , Congreso e Talleres

Entrada:

De balde É necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

No Pazo da Cultura

Asisten: Carme Fouces, concelleira de Cultura; Ana Belén Fernández Souto, directora de área do Campus de Especialización Crea, e Eulalia Agrelo, responsable do comité organizador

A Universidade de Vigo e o Concello de Pontevedra organizan, no marco das actividades do Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, o V Congreso Internacional de Mediación Lectora, que baixo o título de Libros (tamén) para xogar!, desenvólvese no Pazo da Cultura nas tardes do 20 e 27 de abril e o xoves 4 de maio.

Coordinado polas profesoras Eulalia Agrelo e Isabel Mociño, e orientado a profesorado en exercicio, futuros docentes, técnicos de bibliotecas e outra serie de actores vinculados á selección de materiais de lectura para a infancia e a mocidade, o congreso ábrese, tras a súa inauguración, cunha conferencia de Ismael Ramos, Premio Nacional de Poesía Joven en 2022.

Anótao en:

Add to Calendar 2023-04-20 17:00:00 2023-04-20 17:00:00 Inauguración do V Congreso Internacional de Mediación Lectora No Pazo da Cultura Pazo da Cultura de Pontevedra Universidade de Vigo Concello de Pontevedra Europe/Madrid public