Presentación dunha xornada sobre menores na guerra en Colombia e o traballo de Benposta na súa atención

  • Medios
  • Ourense
  • Rolda de prensa - Presentación

Data de celebración:

20 de maio de 2022 ás 12:00

Dirixido a

Medios

Organiza

Facultade de Educación e Traballo Social

Lugar

Edificio de Ferro

Campus As Lagoas, Edificio de Ferro
32004 Ourense
España

Tipo de evento

Rolda de prensa - Presentación

Entrada:

De balde. Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

No salón de graos Vicente Risco, no cuarto andar do Edificio de Ferro

Asisten: Xosé Manuel Cid, decano da Facultade de Educación e Traballo Social; Bartolomé Pidal, que foi alcalde de Benposta (Ourense), e José Luis Campo Rodicio, coordinador xeral de Benposta Nación de Muchachos en Colombia

Rolda de prensa para presentar a xornada que a vindeira semana acollerá o campus de Ourense centrada no papel dos menores na guerra en Colombia e o apoio a estas vítimas de Benposta Nación de Muchachos en Colombia. Na xornada, que terá lugar o mércores 25, proxectarase o documental La operación Berlín: la niñez que peleó la guerra en Colombia e dialogarase sobre o traballo de Benposta Nación de Muchachos en Colombia de apoio e acompañamento a estes menores no seu proxecto de construción e dignificación vital.  

Anótao en:

Add to Calendar 2022-05-20 12:00:00 2022-05-20 12:00:00 Presentación dunha xornada sobre menores na guerra en Colombia e o traballo de Benposta na súa atención No salón de graos Vicente Risco, no cuarto andar do Edificio de Ferro Edificio de Ferro Facultade de Educación e Traballo Social Europe/Madrid public