Semana da Creatividade 2024. Conferencia 'Diálogos entre IA e creatividade'
Data de celebración:
23 de abril de 2024 ás 11:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Campus CreaLugar
Rúa Don Filiberto, 9
36002 Pontevedra
España
Tipo de evento
Charlas e seminarios e ConferenciasEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialNa sala de conferencias da Vicerreitoría do campus
A sede da Vicerreitoría do campus acolle a conferencia Diálogos entre IA e creatividade. Esta actividade enmárcase na Semana da Creatividade 2024, un programa de actividades centradas nas principais liñas do proxecto de especialización do campus pontevedrés, organizadas polo Campus Crea co apoio da Deputación de Pontevedra e o Consello Social da Universidade de Vigo.
Aberta ao público, esta xornada ábrese co relatorio Como dirixir artisticamente un robot? A intelixencia artificial no proceso creativo, a cargo de Eren Saracevic, director de arte da agencia Fuego Camina Conmigo e profesor na Barcelona School of Arts & Design. A continuación, o ilustrador, deseñador gráfico e codirector do máster de ilustración profesional do Centro Oficial de Estudios Superiores Barreira A+D, Luis Demano, imparte a conferencia Do inverno da IA ao verán da loita polos dereitos de autoría, pechándose a xornada cunha mesa redonda moderada polo profesor de Dereito Mercantil da Universidade de Vigo Pablo Fernández Carballo-Calero.