Semana da Creatividade 2024. Conferencia 'Fame de ideas!'

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

25 de abril ás 12:00

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Campus Crea

Lugar

Facultade de Comunicación

Facultade de Comunicación de Pontevedra
36005 Pontevedra
España

Tipo de evento

Charlas e seminarios e Xornadas

Entrada:

De balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

Na planta baixa da Facultade de Comunicación

A Facultade de Comunicación acolle a conferencia Fame de ideas! Menú de creatividade co Club de Creativos, enmarcada na Semana da Creatividade 2024, un programa de actividades centradas nas principais liñas do proxecto de especialización do campus pontevedrés, organizadas polo Campus Crea co apoio da Deputación de Pontevedra e o Consello Social da Universidade de Vigo.

Aberta ao público, a actividade ábrese cun relatorio sobre o Club de Creativos, a cargo de Raquel Quintana, membro do seu comité de dirección e directora creativa da axencia BAP&Conde. Posteriormente proxectaranse os vídeos premiados dos Premios Nacionais de Creatividade CdeC, na categoría Jóvenes Creativos, nun acto que contará coa participación dos gañadores e gañadoras dos tres galardóns outorgados neste certame.

Anótao en:

Add to Calendar 2024-04-25 12:00:00 2024-04-25 12:00:00 Semana da Creatividade 2024. Conferencia 'Fame de ideas!' Na planta baixa da Facultade de Comunicación Facultade de Comunicación Campus Crea Europe/Madrid public