Semana da Creatividade 2024. Xornadas 'Pensamento e Creación'

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

24 de abril ás 17:30

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Campus Crea e Aula Castelao de Filosofía

Lugar

Vicerreitoría do campus de Pontevedra

Rúa Don Filiberto, 9
36002 Pontevedra
España

Tipo de evento

Conferencias , Música e Xornadas

Entrada:

De balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

Coa participación do escritor Calros Solla e o cantautor Tino Baz

A sede da Vicerreitoría acolle o mércores 24 e o venres 26 de abril, as xornadas Pensamento e Creación, un ciclo de conferencias e actuacións, promovidos polo Campus Crea, coa colaboración da Aula Castelao de Filosofía. Con entrada libre, ata completar a capacidade da sala, a primeira destas xornadas ábrese co relatorio Soidades do alfabeto: Foulas e prodixios do pasado, a cargo do escritor Calros Solla. A continuación, terá lugar A palabra no eido musical. Tradición e creatividade, do cantautor Tino Baz. 

Esta actividade insírese na Semana da Creatividade 2024, un programa de actividades centradas nas principais liñas do proxecto de especialización do campus pontevedrés, organizadas polo Campus Crea co apoio da Deputación de Pontevedra e o Consello Social da Universidade de Vigo.

Anótao en:

Add to Calendar 2024-04-24 17:30:00 2024-04-24 17:30:00 Semana da Creatividade 2024. Xornadas 'Pensamento e Creación' Coa participación do escritor Calros Solla e o cantautor Tino Baz Vicerreitoría do campus de Pontevedra Campus Crea Aula Castelao de Filosofía Europe/Madrid public