Semana da Creatividade 2024. Xornadas 'Pensamento e Creación'

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

26 de abril ás 17:30

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Campus Crea e Aula Castelao de Filosofía

Lugar

Vicerreitoría do campus de Pontevedra

Rúa Don Filiberto, 9
36002 Pontevedra
España

Tipo de evento

Actuacións , Conferencias e Xornadas

Entrada:

De balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

Coa participación de Andrea Costas e o dúo Cintaadhesiva

A sede da Vicerreitoría acolle o mércores 24 e o venres 26 de abril, as xornadas Pensamento e Creación, un ciclo de conferencias e actuacións, promovidos polo Campus Crea, coa colaboración da Aula Castelao de Filosofía. Con entrada libre, ata completar a capacidade da sala, a segunda destas xornadas ábrese co relatorio Corpos de memoria, da artista visual e profesora da Facultade de Belas Artes Andrea Costas. A continuación, terá lugar o espectáculo Arteria temporal, que combinará o recital e a acción escénica, da man do dúo de poesía escénica Cintaadhesiva, integrado pola poeta e actriz Silvia Penas e o deseñador gráfico, músico e videocreador Jesús Andrés Tejada.

Esta actividade insírese na Semana da Creatividade 2024, un programa de actividades centradas nas principais liñas do proxecto de especialización do campus pontevedrés, organizadas polo Campus Crea co apoio da Deputación de Pontevedra e o Consello Social da Universidade de Vigo.

Anótao en:

Add to Calendar 2024-04-26 17:30:00 2024-04-26 17:30:00 Semana da Creatividade 2024. Xornadas 'Pensamento e Creación' Coa participación de Andrea Costas e o dúo Cintaadhesiva Vicerreitoría do campus de Pontevedra Campus Crea Aula Castelao de Filosofía Europe/Madrid public