Semana do Goberno Aberto
Data de celebración:
23 de marzo ás 11:00Dirixido a
Estudantes , PAS e PDIOrganiza
Facultade de Dirección e Xestión PúblicaLugar
Facultade de Comunicación
36005 Pontevedra
España
Tipo de evento
Conferencias e XornadasEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialConferencia do director xeral de Simplificación Administrativa da Xunta
A Facultade de Dirección e Xestión Pública súmase con dúas conferencias á conmemoración da Semana do Goberno Aberto, unha iniciativa impulsada a nivel mundial pola Alianza para o Goberno Aberto que ten como principal obxectivo achegar ás administracións públicas á cidadanía.
A actividade complétase nesta xornada cun relatorio do director xeral de Simplificación Administrativa da Xunta de Galicia, Jesús Oitavén, presentado polo decano, Enrique Varela. Dirixida ao alumnado da facultade, a conferencia leva por título Ética Pública e sistemas de integridade institucional; mecanismos de prevención da corrupción e pode seguirse tanto de xeito presencial, no salón de graos, como de xeito virtual, a través de Campus Remoto.