Sesión ordinaria do Claustro Universitario
Data de celebración:
29 de outubro de 2021 ás 10:30Dirixido a
Estudantes , Medios , PAS e PDIOrganiza
Universidade de VigoLugar
Edificio Politécnico s/n
32004 Ourense
España
Tipo de evento
Acto institucionalEntrada:
De balde. Non é necesaria reserva.Modalidade
SemipresencialA través de Campus Remoto e presencial no campus de Ourense
O campus de Ourense acolle a celebración dunha nova sesión ordinaria do Claustro Universitario. A orde do día inclúe, entre outros temas, a presentación dun informe sobre actuacións en materia de sostibilidade na Universidade de Vigo e o debate sobre o impulso ao Manual de Boas Prácticas no marco do Programa Docentia. Tamén contempla a elección de membros para diferentes comisións e órganos.
A sesión está convocada ás 10.00 h., en primeira convocatoria, e ás 10:30 h., en segunda. Poderá seguirse presencialmente no salón de actos Marie Curie do Edificio Politécnico do campus de Ourense ou en directo a través da Canle 1 de UVigo TV empregando o seguinte contrasinal de acceso: McE7ZQfF