Sesión ordinaria de Consello de Goberno
Data de celebración:
20 de marzo de 2019 ás 9:30Dirixido a
Estudantes , PAS e PDIOrganiza
Universidade de VigoLugar
Rúa Maxwell, s/n
36310 Vigo
España
Tipo de evento
Acto institucionalEntrada:
De baldeModalidade
PresencialÁs 9.30 h en primeira convocatoria e ás 10.00 h en segunda
24 puntos conforman a orde do día da sesión ordinaria de Consello de goberno que se celebra este mércores na sala de xuntas da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación.
As e os integrantes do órgano de goberno da Universidade de Vigo abordarán, entre outras cuestións, o límite de prazas nas titulacións de grao e máster e as Normas básicas de POD para o vindeiro curso; o Plan de promoción a profesora e profesor titular e catedrática e catedrático e os criterios para a elaboración das ofertas e emprego público de PDI da Universidade de Vigo e o Programa de retención de talento investigador para este ano 2019.