Visita de Ferran Adrià ao campus de Vigo
Data de celebración:
22 de abril de 2024 ás 11:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Rede de Cátedras TelefónicaLugar
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Campus Universitario Lagoas-Marcosende
36310 Vigo
España
Tipo de evento
ConferenciasEntrada:
De balde É necesaria reserva.Modalidade
PresencialNo salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
A Rede de Cátedras Telefónica súmase á celebración do centenario da compañía de telecomunicacións a través das xornadas Imaginémonos sin límites, unha iniciativa que está a levar ao cociñeiro Ferran Adrià por diferentes universidades no Estado. O vindeiro día 22 de abril o chef visitará o campus de Vigo, onde presentará a súa metodoloxía Sapiens.
O programa comprende un acto de benvida, na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, ás 11.00 horas, que dará paso á conferencia de Adrià, titulada Imaginemos: 100 años de innovación, na que compartirá co alumnado a súa metodoloxía 'Sapiens', unha técnica centrada en conectar diversas respostas para comprender mellor e fomentar a innovación, captar a atención dos presentes e impulsar a importancia da innovación no eido. O evento contará coa presenza do reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa; o secretario xeral de Universidades de la Xunta de Galicia, José Alberto Díez de Castro; o director Territorial Norte de Telefónica, Manuel Ángel Alonso; e o catedrático da Universidade de Vigo e director de la Cátedra Telefónica del campus vigués, José Cidrás.
Logo do relatorio, Ferran Adrià presentará no salón de graos da facultade ao alumando da UVigo o Challenge ElBulli846, un desafío que ten como obxectivo o estímulo, a difusión e o coñecemento da metodoloxía Sapiens para a súa aplicación en traballos fin de grao, mestrado e proxectos innovadores en materias de grao e mestrado oficiais.
As persoas interesadas en asistir á xornada deben inscribirse a través deste enlace.
Máis información
https://catedraietelefonica.webs2.uvigo.es/