Xornada 'Prácticas para a creatividade desde a perspectiva de xénero'
Data de celebración:
22 de abril de 2021 ás 16:30Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Grupo Gies10Lugar
Campus universitario de Vigo. As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
España
Tipo de evento
Charlas e seminarios , Conferencias e XornadasEntrada:
de balde Non é necesaria reserva.Modalidade
VirtualA través de Campus Remoto
A profesora da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte Rut Martínez e o grupo de investigación Gies10 promoven, co patrocinio da Unidade de Igualdade, a xornada Prácticas para a creatividade desde a perspectiva de xénero, dirixida a achegar ao alumnado unha serie de experiencias e prácticas creativas para enfocar a actividade docente desde unha perspectiva de xénero.
A segunda sesión desta actividade inclúe o relatorio A creación visual como ferramenta de (auto)avaliación da aprendizaxe en igualdade, a cargo da profesora do Cesuga Lorena Arévalo.
Aberto ao público, este ciclo de conferencias poderá seguirse de xeito virtual, a través do Campus Remoto da Universidade de Vigo, accedendo ao salón de graos virtual da facultade e empregando o contrasinal X4TnvpPg no acceso para estudantado.