Xornada de presentación de resultados do proxecto 'Practicum Direct: simulador de toma de decisións en pandemias'
Data de celebración:
6 de outubro de 2022 ás 9:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Observatorio da Gobernanza G3 , IIS Galicia Sur e Facultade de Dirección e Xestión PúblicaLugar
Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
36005 Pontevedra
España
Tipo de evento
Charlas e seminarios , Conferencias e XornadasEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialNo salón de graos de CCSS e da Comunicación
Asisten: Belén Rubio, vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación; Enrique Varela, decano comisario da Facultade de Dirección e Xestión Pública; Antonio Fernández-Campa, director da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (Acis) e Ismael Said, coordinador do proxecto
A Facultade de Dirección e Xestión Pública acolle a xornada de presentación de resultados do proxecto Practicum direct: simulador de toma de decisiones en pandemias, un proxecto do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS), no que participa o Observatorio da Gobernanza G3 da Universidade de Vigo e que ten por obxecto desenvolver unha ferramenta de apoio á toma de decisións na xestión sanitaria nun contexto como o provocado pola covid-19.
A xornada pode seguirse tanto de xeito presencial como a través de Campus Remoto, empregando a clave de alumnado 6uTYsN3K