XXI Encontro Nacional de Estudantes de Tradución e Interpretación
Data de celebración:
18 de abril de 2024 ás 9:00 19 de abril de 2024 ás 9:00Dirixido a
Estudantes e MediosOrganiza
Alumnado da Facultade de Filoloxía e TraduciónLugar
rúa da ilustración s/n
36310 Vigo
España
Tipo de evento
CongresoEntrada:
Entre 10€ e 60€ É necesaria reserva.Modalidade
PresencialNo salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución
O campus de Vigo acolle os días 18 e 19 de abril a vixésimo primeira edición de ENETI, o Encontro Nacional de Estudantes de Tradución e Interpretación, unha iniciativa que naceu en 2001 da man dunha alumna da Universidade de Salamanca que quería organizar un evento por e para estudantes deste grao que servise para coñecerse, aprender e compartir. En 2024 esta cita recala en Vigo por primeira vez na súa historia.